Espazo multidisciplinar de creación e formación artística
Tics é un espazo artístico cunha gran variedade de disciplinas deseñadas para todos os niveis e idades, pensadas para ofrecer unha formación integral no ámbito das artes escénicas e na mellora do benestar coorporal. Un lugar acolledor e profesional con moitas formas diferentes de facer arte, impartidas por profesionais cunha gran formación e experiencia docente. Tics é creación e formación, desenrolo personal e artístico, onde a igualdade, respeito e felicidade son as bases das nosas experiencias artísticas.
Artes para todas as idades!
En Tics creemos nos beneficios da formación artística para transformar as nosas vidas. Consideramos as artes como uns instrumentos que nos permiten desenvolver as nosas facultades fundamentais. A manifestación e expresión artística axúdanos a medrar intelectual, persoal e socialmente. É por isto, que en Tics a partir dos 2 anos e sen límite de idade, queremos darvos a posibilidade de mergullarvos e gozar dunha gran variedade de estilos de disciplinas artísticas.
Descubre as artes en Tics!
Queremos compartir os beneficios e o pracer de experimentar as artes en todos os lugares: na rúa, nas escolas, nas casas, no noso espazo…queremos encher as vidas de momentos cheos de movemento, creatividade e maxia! Coñece as nosas actividades e diferentes experiencias artísticas e todos os lugares onde as realizamos.
AULAS PRESENCIAIS/ EN LIÑA
OBRADOIROS
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
OUTRAS EXPERIENCIAS
«Cando bailo non podo xulgar, non podo odiar, non podo separarme da vida.
Só podo ser feliz e sentirme realizado»
Hans Bos
TICS PROFESORES
Formamos un equipo de profesionais cunha ampla formación e experiencia docente, para poder ofrecer unha formación de calidade, acompañada sempre de felicidade, respeito e creatividade.

PATRICIA VALERA
Profesora de BALLET CLÁSICO,
PUNTAS, DANZA CREATIVA,
DANZA CONTEMPORÁNEA
e DANZA EN FAMILIA.
DIrectora de Tics

RUT MARINA REZA
Profesora de DANZA CREATIVA, DANZA CONTEMPORÁNEA,
DANZA ORIENTAL.
Administración

NESTOR GONZÁLEZ
Profesor de ACROBACIA

BEATRIZ CID
Profesora de PILATES e HIPOPRESIVOS

ADRIÁN PUGA
Profesor de BREAK DANCE

AINHOA LINAZA
Profesora de LINGUAXE MUSICAL, HARMONÍA, CANTO, VIOLÍN, VIOLA E VIOLONCHELO
ONDE ESTAMOS?
Rúa Pena Trevica 3
32005 OURENSE
+34651821471/+34604027363
espazotics@gmail.com
proba a nosa aula virtual!
Rexístrate na nosa aula virtual por só 9,99 €/mes e goza das nosas disciplinas ó teu ritmo, onde e cando queiras!
¡7 DÍAS DE PROBA TOTALMENTE GRATIS!